Non moi lonxe da miña vivenda discorre o Camiño de Santiago. Ás veces vou pasear por alí con Daniel, sobre todo cando vai bo tempo porque queda algo lonxe e non é cousa de andarnos mollando. Hai un par de días andabamos por alí cando nos atopamos cunha morea de nenos e nenas, máis dun cento así a ollo, que estaban perco
rrendo un anaco de Camiño xunto cos seus mestres. Coma pasa sempre que me ven, veña a falarme e a preguntarlle a Daniel que como me chamaba, pero que feitiño é, veña a acariñarme...Eu déixome un pouco, pero enseguida pido socorro meténdome entre as pernas de meu dono. Escoitaba a conversa de Daniel cos mestres e cos nenos. Seique levan todo o curso facendo traballos no seu colexio sobre o Camiño e ademais tamén fan saídas para coñecelo mellor. Os rapaces ían moi contentos e os mestres tamén, aínda que algo preocupados por se sucedía algún percance. Despedíronse de nós con sorrisos e algaradas e continuaron a camiñar cara Santiago. A Daniel gustoulle moito a idea dos mestres, mesmo -dixo- debía de organizarse algo semellante para xente maior e coa colaboración doutras institucións. A min tamén me gustaría andar polo Camiño, facer algunha etapa. Na casa andan falando disto e creo que queren vir dende O Cebreiro ata Santiago. Canto me gustaría que me levaran con eles! Íao pasar tan ben coma os nenos. Ou mellor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario