18 may 2010

O MEU MUNDO

Imaxe de Xosé. Así é onde vivo. Por aquí paseo a Daniel, o meu dono... já, case todas as tardes e moitas mañás. É o que máis me gusta da miña vida de canciño: o paseo e a leria. Menudas parrafadas. Daniel a falar e eu a ladrar EN GALEGO. Xa sei que non me credes, pero o mundo non é dos incrédulos, é dos soñadores e ambolosdous o somos. E moito.
Ai que mexadiñas boto. E que uliscadas. Tamén pasea por aquí a Moriña, unha cadeliña branca e negra. Un bombón...ciño.

1 comentario:

  1. Moi boas, por fin cheguei. Que sorte ten Daniel por pasear contigo por estes paraxes. Paréceme moi ben que ti lle sigas a ladrar e ... en galego que ... xa ves... o que nos ven encima co noso amighinho presidente.

    ResponderEliminar