20 may 2010

DE VEZ EN CANDO MORDEN



Cando quedo so na casa ou non me fan moito caso achégome ás ventás e déitome ó pé delas, a mirar o que hai e a tomar o sol. Nestes día pasados houbo un circo preto, e dende a cociña víase o ir e vir de xente e animais. Unha tarde que saín dar un paseo con Daniel botei unha carreiriña -coma quen que non sabía nada- cara os cárceres dos leóns e os tigres. Nada máis chegar púxenme nas miñas e ladreilles para facerlle saber que este era o meu territorio e que eles, por moi grandes que foxen, non me metían medo. Non me fixeron ningún caso, feito que aproveitou Daniel para entre risa e risa explicarme que conducta como a miña é a que manteñen moitos humanos cando non se cansan de darlle a lingua despotricando contra alguén a sabendas que non van ser tidos en conta. O perigo, engadiu o meu dono, vén cando os ofendidos ou calumniados deciden non escoitar máis. E morden.

2 comentarios:

  1. Xa sabes o que di o refrán "perro ladrador pouco mordedor" así que seguramente o león pensou que non valía a pena facerche caso xa que si él estivese fora da xaula outro galo cantaría

    ResponderEliminar
  2. Bueno agora seique vai pasa-la censura. Non sexas moi esixente.

    ResponderEliminar