
Pero o máis destacable destes dous longos meses foi sen dúbida a graduación de Mar. Si señor: rematou os seus estudos. Bueno, case que aínda lle faltan un par de asignaturas e logo o exame final, alá por febreiro do ano que vén, para poder exercer a profesión polo que tanto loitou durante estes seis últimos anos. Sei que foi un acto moi bonito, moi emocionante ao que asistiron os familiares dos graduados. Ademais de Elba e Daniel tamén foi Anxo, que veu dende Asturias para acompañar a súa irmá neste día tan especial. María non puido vir por mor do seu traballo. Lástima, que seguro que lle habería de gustar. Eu non asistín, que como xa supoñeredes, non deixaban pasar aos cans. Non sei, pero seguro que entraron humanos bastante peores que min, pero en fin a vida é así e contra estas normas inxustas non é fácil pelexar. Eu quedei con Lula, en Bolnovo, disfrutando da súa casa e da súa compaña como se estivese nun hotel de catro estrelas, ou de máis, das máximas que existan, que non sei cantas serán. Ata me deu pena despedirme dela cando Daniel me veu buscar de alí a tres días para volver a nosa casa da cidade. E que a quero moito, e non só polo ben que estou con ela, que non son tan egoísta, senón porque noto eu que ela tamén está moi a gusto comigo, que se distrae e non se aburre tanto. Non me importaría, de verdade, pasar con ela algún que outra día, pero esa decisión non depende de min só.
Bueno, teño que promemeterme a min mesmo non deixar pasar tanto tempo entre entrada e entrada, que logo acumúlasame o choi e non dou feito. E diciros que sigo acompañando a Mar nas longas horas de estudo. Coma sempre. Que algo se me pegará, digo eu.